O Torreiro de Priegue de Nigrán celebra o Día da Muiñeira
O Centro Recreativo e Cultural O Torreiro de Priegue celebra mañá sábado 7 de xuño dende as 17.30 horas o Día da Muiñeira, dentro da programación anual para celebrar o seu cuarenta aniversario. O festexo contará coas actuacións do Grupo de Gaitas e Danza Virxe do Alivio, do Grupo de Baile e Gaitas Merced de Chain e de Algaradas, Xarelas da Touza e o grupo de baile do Torreiro de Priegue.











