O Torneo Internacional de Taekwondo de Ourense reunirá a máis de mil deportistas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaOurense
A-
A+

A XII edición do torneo de Ourense, que se celebrará este sábado 21 de xuño no pavillón Pazo Paz, reunirá a máis de mil deportistas das modalidades de técnica, exhibición e free style. O sábado 21 de xuño (a partir das 09:00) terá lugar a competición de técnica que se celebrará en seis pistas coa participación de aproximadamente 600 deportistas de todas as categorías (dende prebenxamín ata adulto). Posteriormente celebrarse a competición na modalidade de free style, co preto de 80 participantes. Pola tarde, a partir das 15:15 horas, chega o espectáculo das exhibicións con 41 equipos participantes (infantís, cadetes e adultos). Estarán os mellores equipos de Galicia e por extensión de España (Yidam, Tao, Olimpic) e por tanto a calidade dos programas está asegurada. O obxectivo deste torneo é fomentar a participación e os organizadores pretenden que sexa unha festa de fin de tempada para as e os seus deportistas.

20 de xuño de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.