O teatro das mulleres en igualdade de Mos regresa ao escenario do multiusos das Pozas
A Cita con entrada de balde, será o sábado 28 ás 21:00 h para disfrutar ca obra “ Tan só se vive unha vez”. As mosenses Grupo de Teatro Mulleres na Igualdade contarán en “Tan só se vive unha vez” cunha recopilación de esceas cómicas de diferentes textos teatrais; unha hora de percorrido pola vida de once mulleres que tendo idades e situacións totalmente diferentes teñen a mesma meta na vida, sobrevivir a unha sociedade resignada. E sempre cun toque de humor á galega.
Esta mañá houbo un ensaio xeral no que participaron as 11 protagonistas: Carmen, Mucha, Loli, Lucia, Fita, Maribel, Mónica, Maika, Dora, Juani e Raquel.
Moi inquedas e cos nervios previos a un estreo declararon estar moi felices con este novo proxecto con toque de humor e dirixidas tamen por primeira vez por unha muller moi nova, Paula Pier.
Paula Pier ten 23 anos, é licenciada en Interpretación Textual na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Traballa como actriz en tea
tro, audiovisual e animación. Actualmente forma parte dá Compañía Moito Morro Teatro coa que comeza a súa
viaxe no mundo profesional.
No ensaio estivo presente a concelleira de Benestar Social do Concello de Mos, Sara Cebreiro, que sinalou que esta cita teatral forma parte das actividades das Festas da Rosa 2014.
Precisamente Sara Cebreiro, quixo destacar ‘o mérito destas mulleres que mesmo xa xubiladas, e con netos ou nais maiores ao seu cargo, deciden continuar estudando e aprendendo sen nungún temor a subirse a un escenario, ademais colaboran desinteresada e activamente no movemento cultural de Mos’…
Este grupo xurde do Terceiro Obradoiro de Teatro en igualdade que segundo declarou a concelleira: “ con esta iniciativa pretendemos contribuír e promover a igualdade entre homes e mulleres, e que esa normalización da igualdade axude a eliminar lacras sociais como a violencia de xénero”











