O teatro chega a Verín da man de ‘Cuñadas y juntas, ni difuntas’ en beneficio de Cáritas e Cruz Vermella
A Casa da Cultura de Verín acollerá nas xornadas de mañá e o sábado, 06 e 07 de xuño, as representacións teatrais da obra ‘Cuñadas y juntas, ni difuntas’, organizadas pola Agrupación Entre Amigos co apoio do Concello de Verín.
Unhas representacións de carácter benéfico e solidario que terán lugar, os dous días, ás 20.30 horas. Para acceder as mesmas será necesario adquirir, previamente, as entradas no supermercado Eroski -ao comprar unha bolsa solidaria por un valor mínimo de 3 euros-. Todos os alimentos recolectados serán entregados a Cáritas e Cruz Vermella que os repartirán entre as persoas que o necesiten.











