O servizo supramunicipal de recollida de animais realizou en Gondomar 86 intervencións
O servizo supramunicipal de recollida de animais, realizou no que vai de ano 86 intervencións no Concello de Gondomar, segundo informou o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos González Camesella. Destas 86 intervencións, en 71 levouse a cabo de xeito satisfactorio a recollida, tan só en 15 delas non se puido encontrar o animal.
Servizo de recollida de animais abandonados- perdidos
Gondomardispón dende abril do pasado ano do servizo de lazaría e recollida de animais abandonados que ofrece a Deputación de Pontevedra. Mediante esta adhesión, o municipio dispón dun servizo de recollida as 24 horas do día, os 365 días do ano.
Coa adhesión doConcelloa este servizo, ofrecido pola Deputación Provincial, preténdese mellorar este á vez que se reduce o gasto que se destinaba para este fin. Cameselladestaca a calidade do servizo que a Deputación dePontevedraestá a realizar en numerososconcellosda provincia e a un custo mínimo. “O custo deste servizo é de 0,30 € por habitante, é dicir, enGondomar supón pouco máis de 4000 € ao ano” apunta o edil.
Todas as solicitudes de recollidas deberán ser notificadas á Concellaría de Medio Ambiente ou no seu defecto, deberán remitirse á Policía Local.











