O Santiago Futsal tivo un retorno publicitario de máis de 3 millóns de euros
Segundo a auditoría de análise de presenza e patrocinio de Kantar Media para a tempada 2013/2014 ofrecida pola liga Nacional de Fútbol sala, o Santiago Futsal obtivo un retorno publicitario de 3.020.456€, o que o sitúa entre os clubs mellor valorados da Primeira División, grazas á súa gran repercusión nos medios de comunicación local e nacional.
Segundo o informe técnico, esta valoración provén na súa maioría das referencias de televisión (2311.628€) tanto en televisións autonómicas, onde non só se retransmitiron partidos, senón tamén se fala periodicamente do equipo nos informativos, como en Energy TV, televisión oficial da LNFS.
Pero tamén hai unha importante parte que provén da prensa escrita, cunha valoración económica de 708.828€, que provén de diarios deportivos como Marca ou As, así como de medios locais e autonómicos de toda España.
Estes datos veñen reforzar unha tempada máis, o gran investimento que supón o Santiago Futsal para os seus colaboradores e patrocinadores, que obterían un retorno moi superior ao seu investimento.











