O Santiago Futsal anuncia unha tempada máis a súa continuidade en Primeira

O presidente do Santiago Futsal, D. Ramón García, compareceu esta mañá en rolda de prensa para informar que o club continuará unha tempada máis competindo na elite do fútbol sala nacional, tras a incorporación dun novo patrocinador ao que se dará a coñecer nos próximos días.

Tamén anunciou que tras varias semanas preparando a documentación, a próxima semana o club acollerase á Lei Concursal para tratar de regularizar a súa contabilidade e asegurar a viabilidade do club.

Consciente da actual situación do club, constatou que “o orzamento do club verase notablemente reducido con todo o que iso leva. O obxectivo do club será manter a categoría, e ter un ano tranquilo no económico”.

Con respecto á continuidade dos membros do club, o presidente anunciou tamén a continuidade do seu adestrador Santi Valladares. A partir de hoxe mesmo comezará a planificarse a confección do persoal.

Tamén se anunciou que na próxima semana abrirase a campaña de abonados para a próxima tempada, sendo unha das accións máis importantes da tempada a resposta dos seus afeccionados.

19 de xuño de 2014 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.