O Rio Natura Monbus entrega os obxectos utilizados polo equipo durante a tempada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Entrega dos obxectos aos compradores

Entrega dos obxectos aos compradores

O Rio Natura Monbus fixo entrega da roupa e obxectos do equipo poxados durante os últimos encontros da tempada, entre os que figuraban toda a roupa de xogo de cada xogador, e as gravatas e lousas do corpo técnico. O recadado con esta acción será destinado integramente ás categorías bases do club.

Os compradores que máis alto poxaron xa recibiron as súas adquisicións da man dos propios xogadores e corpo técnico. Nesta ocasión, o último en recoller a súa nova adquisición foi o xoven Pablo Vázquez, que ademais é adestrador do equipo xuvenil da canteira obradoirista. Como comprador da lousa de Víctor Pérez, adestrador axudante do Rio Natura Monbus, recibiu esta a mans do propio Víctor e do técnico Moncho Fernández.

Tamén o Campus Obradoiro CAB – Barbanza, organizado pola propia canteira e con “Mozan” como director, prepara os seus últimos detalles. A actividade, que pecha o prazo de inscrición o 15 de xullo, terá lugar en Boiro desde o 30 de xuño ao 5 de xullo. Dirixida a nenos de entre 5 e 18 anos de calquera nivel técnico, contará con clases de profesionais do baloncesto, así como doutras actividades pensadas para fomentar valores como o compañeirismo e a cooperación. 

11 de xuño de 2014 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.