O rexedor vigués compromete a cesión dun local para a Asociación Galega de Enfermidades Neuromusculares

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

Así o avanzou o rexedor despois dunha reunión mantida este luns cos responsables de ASEM, entidade coa que o goberno de Vigo colabora “de forma activa”. Caballero indicou que lles felicitaron polas humanizacións realizadas, que lles facilitan os desprazamentos ás persoas con mobilidade reducida, explicou que ASEM é unha asociación de ámbito galego radicada en Vigo e na que a maior parte dos seus integrantes son vigueses. Plantearon apoio para conseguir un local e Caballero garantiu a cesión dun espazo para a súa actividade.

16 de xuño de 2014 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.