O rexedor de Santiago ratifica que ten pechados os novos edís pero non aclara si os coñece Feijóo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás (PP), asegurou este luns que “por suposto” ten pechados os nove novos membros do Goberno compostelán para substituír as sete dimisións forzadas por unha sentenza xudicial e os dous restantes de edís imputados na Pokémon, pero non aclarou si, como era a súa intención, puido trasladarlle a composición do seu novo equipo ao presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

A só unhas horas da convocatoria formal para presentar aos novos integrantes do equipo do Concello de Santiago, fixada para as 18.00 horas deste luns, Ángel Currás limitouse a ratificar aos medios de comunicación que xa ten o seu equipo pechado, pero evitou falar dos nove nomes que fichou para cubrir as vacantes, dos cales transcendeu a identidade de oito.

Tras participar na Comisión Executiva do Consorcio, Currás foi preguntado si informara da listaxe de nomes a Feijóo, despois de que o seu número dous, Reyes Leis, dixese o pasado venres que a composición do novo equipo sería trasladada durante o fin de semana á dirección autonómica do PPdeG.

No entanto, o sábado Feijóo continuou na postura de desvincularse das decisións de Ángel Currás. “Que lle pregunten ao alcalde, que é a quen lle corresponde facer os equipos”, respondeu aos medios de comunicación, aínda que se limitou a asegurar que se vai a garantir a gobernabilidade no Concello de Santiago” para acabar a lexislatura cun “goberno estable”.

“Sabe que falaremos logo diso”, respondeu este luns Currás á primeira pregunta sobre o seu novo goberno. “Pero non home, pero xa falaremos logo”, abundou ao ser repreguntado por esta cuestión. Tras participar na Comisión Executiva do Consorcio, os medios de comunicación estaban convocados para as 11.00 horas, pero o rexedor adiantou máis de 10 minutos as súas breves declaracións.

Esta mesma mañá, o presidente da Deputación da Coruña e secretario xeral do PP na provincia coruñesa, Diego Calvo, instou a Ángel Currás a que “reconsidere a súa opción”, ao ser preguntado si debería presentar a súa dimisión. “Que o pense ben e decida”, sinalou.

9 de xuño de 2014 | 11:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.