O rexedor de Ourense renuncia á caducidade do expediente sobre a urbanización da rúa Clara Corral
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, renunciará á caducidade do expediente sobre a urbanización da rúa Clara Corrar Aller, para facilitar a súa reapertura e nova tramitación como consideren convinte os técnicos municipais e toda vez este ten sido remitido á asesoría xurídica.
O alcalde de Ourense fixo este anuncio tras coñecerse que a tramitación ordinaria na que se contaba soamente con 15 días para adoptar unha resolución definitiva na revisión de oficio –pese a ter el renunciado a todos os seus prazos de alegacións- esta mañá acordouse a idoneidade da licencia de ocupación e a caducidade da revisión de oficio para declarar ou non a lesividade dun acto anulable por ter transcurridos 4 anos dende o mesmo, por indicación dos informes técnicos pertinentes.
Pese a elo, e para amosar a súa absoluta boa fe, renunciará –en canto lle sexa notificado o acordo- mediante un escrito no Rexistro do Concello, á caducidade do expediente, a fin de que poidar voltar a ser revisado polos funcionarios.











