O rexedor de Cangas asina o novo convenio de pago de débeda con Sogama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
O rexedor de Cangas na sinatura do convenio con Sogama

O rexedor de Cangas na sinatura do convenio con Sogama

Hoxe o alcalde de Cangas José Enrique Sotelo asinou xunto co seu homólogo moañés o novo convenio de pago de débeda e de continuidade do servizo de eliminación e tratamento de residuos sólidos realizado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama).

Coa sinatura deste documento encóuzase o abono da débeda pendente con Sogama por parte da Mancomunidade a través dun plan de pagos a partir deste ano ata o 2.020. Deste xeito o Concello de Cangas comezará a abonar directamente a empresa pública polos seus servizos aboando a entidade supramunicipal a súa parte de débeda total que ascende a 2.644.553,99 euros segundo a súa participación na Mancomunidade.

Este acordo tamén permite garantir a prestación deste servizo que consiste no desprazamento dos residuos dende a Planta da Mancomunidade no Polígono de A Portela ata a planta de Sogama en Cerdeda e o seu tratamento e eliminación nestas mesmas instalacións.

O documento, que desprega efectos con carácter retroactivo dende o pasado 1 de xaneiro, terá vixencia ata o 31 de decembro do 2.024.

4 de xuño de 2014 | 20:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.