O rexedor da Guarda espera que Portos de Galicia colabore na adecuación da praia do Carreiro

O alcalde da Guarda na praia do Carreiro
Os numerosos temporais que asolaron este inverno á costa galega provocaron importantes deterioros na vila da Guarda. Xa fai tempo que se están levando a cabo obras como a reparación de cubertas de edificios anexos á lonxa, escaleiras, balizas, etc, pero aínda queda moito que arranxar.
Ao Concello da Guarda lle preocupa moito o estado da praia de “O Carreiro”, que sufriu gran deterioro, e moitos veciños, como cada ano, gostan bañarse nesta zona. Por este motivo, esta mañá o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, dirixiuse ó Director de Portos de Galicia, José Juan Durán, solicitando que se acomentan as obras necesarias para garantir o acceso seguro á praia.
Pero non é a primera vez, xa que en moitas ocasións e por diferentes medios, o alcalde puxo en coñecemento da xefatura da zona sur a necesidade da súa actuación antes do verán, pois a praia de “O Carreiro” sita en terreos da súa competencia. “Esperamos unha resposta que permita que os nosos veciños poidan pronto acceder á praia de forma segura, algo que xa tiña que estar arranxado dende fai tempo”, salientaba o alcalde.











