O responsable de Urbaser en Lugo atropela a delegada sindical de UXT

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoLugoSucesos
A-
A+

O responsable de Urbaser en Lugo atropelou na tarde deste sábado á delegada sindical de UXT na empresa, Araceli Núñez, que se atopa ferida leve. A Policía será a encargada nas próximas xornadas de aclarar como se produciu o suceso.

   Segundo asegurou a delegada sindical da CIG en Urbaser, Carmen Antas –que acompañaba á ferida–, un grupo de sindicalistas da empresa –os traballadores da cal se atopan en folga dende hai cinco días– cruzaban un paso de peóns na Rolda da Muralla cando un vehículo levou por diante a delegada de UXT.

   Ao parecer, o vehículo deuse posteriormente á fuga, e foi interceptado despois pola Policía Local. No turismo viaxaban varios directivos da adxudicataria de recollida de lixos de Lugo e ía conducido polo delegado da empresa na cidade.

    Carmen Antas denunciou que o coche acelerou no paso de peóns ao ver cruzar o grupo, aínda que será a Policía Local e a análise das cámaras as que permitan esclarecer os feitos. Araceli Núñez foi levada ao hospital Lucus Augusti, aínda que as súas feridas son de carácter leve.

15 de xuño de 2014 | 00:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.