publicidade hoxe

O programa Monumenta chega ao convento de Ferreira de Pantón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPantón
A-
A+

Monumenta é un programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia destinado á  divulgación e popularización do patrimonio cultural galego. Un ciclo de xornadas culturais en diferentes emprazamentos dirixidas a fomentar a posta en valor patrimonio restaurado.

A sétima das sesións centrarase na restauración do convento de Ferreira de Pantón (Lugo) e terá lugar ao logo da xornada do domingo 22 de xuño.

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO

O mosteiro de Ferreira de Pantón ten a singularidade de ser probablemente o único mosteiro de Galicia que non cambiou de función desde a súa fundación no século XII. No interior da igrexa, de orixe románica, descóbrese unha escultura en madeira policromada da Virxe co Neno. Pero o patrimonio cultural tamén ten vida máis alá das pedras e do construído. Monumenta quere dedicarlle a xornada aos cantares de cego interpretados, desde a Idade Media, por músicos populares itinerantes.

20 de xuño de 2014 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.