O primeiro foro “Polígono Virtual de Galicia” congregará en Ourense a expertos sobre a aplicación das redes sociais nas empresas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A cidade de Ourense acollerá mañá martes 24 de xuño o primeiro foro “Polígono Virtual de Galicia”, que reunirá a expertos sobre o emprendemento e a aplicación das redes sociais nas empresas. Será no Centro de Desenvolvemento Fundación Novacaixagalicia de Ourense, na Avenida de Pontevedra, con entrada gratuíta para todas as persoas interesadas, e aforo limitado a 180 persoas. Haberá dúas sesións, de mañá, a partir das 10 h, e de tarde, a partir das 17 h.

A concelleira de Comercio, Juana Ageitos, manifestou o apoio do Concello ao Polígono Virtual de Galicia (PVG) desde a súa creación en 2013, e destacou o seu forte carácter impulsor, baseado na súa filosofía corporativista e multidisciplinar. A concelleira detallou o programa, no que intervirán diferentes expertos en materia económica e xurídica, e se tratarán temas como comunicación, sindicalismo, mediación, ou a importancia da presencia das empresas en internet.

Co encontro se pretende, segundo o organizador do mesmo, Xosé González, crear unha mesa de emprendemento, baseada non só na empresa, senón na experiencia de o por qué do emprendemento. “Cremos que un proxecto que sume debe integrar diferentes nacionalidades e ideoloxías, e as faga confluír en puntos neutrais. O emprendemento é global e así o entendemos”. “Haberá ponencias importantes como a de Fidel Martín, experto en redes sociais aplicadas a empresa, Ana Barrios, Antonio Nespereira, Ana Méndez, Julio López, ou Eloy Zúñiga.

Xosé definiu o espíritu do PVG: “somos unha aceleradora de empresas que emprega as novas tecnoloxías para romper as barreiras estruturais e de comunicación e difusión dunha asociación tradicional”.

23 de xuño de 2014 | 12:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.