publicidade hoxe

O prazo para solicitar autorización para as luminarias de San Pedro finaliza o 27 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda lembrou esta mañá que as persoas ou interesadas en solicitar a pertinente autorización para realizar as tradicionais luminarias de San Pedro poden facelo ata mañá venres, 27 de xuño. Así, tan só deben dirixirse ata as oficinas da Policía Local, ubicadas na pranta baixa da casa consistorial e cubrir un formulario no que se farán constar o lugar, hora de inicio, dimensións da fogueira… entre outros datos. Así mesmo, no formulario se establecen as obrigas que deben cumprir veciños e entidades como manter limpo un radio de cinco metros ao redor da luminaria ou contar con algún medio para a extinción do lume en caso necesario. Unha vez recibidas as peticións, os axentes da Policía Local poderán realizar unha vixianza e control máis efectivo sobre as mesmas.

26 de xuño de 2014 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.