O Porto de Vigo mellora a accesibilidade ferroviaria coa ampliación do recinto aduaneiro
Despois dun longo proceso de negociacións, o Porto de Vigo logrou mellorar a accesibilidade ferroviaria na contorna de Guixar grazas á ampliación do recinto aduaneiro.
Así o anunciou esta mañá en rolda de prensa o Presidente da Autoridade Portuaria viguesa, Ignacio López-Chaves, tras a reunión ordinaria do Consello de Administración da institución. Segundo explicou, esta medida garantirá o paso directo dos colectores que chegan á dársena viguesa vía ferrocarril até a Terminal de Colectores, sen necesidade de abandonar en ningún momento o recinto portuario para descargar os colectores en Guixar, como ocorría até agora.
Esta mellora do tránsito de mercadorías no Porto de Vigo “evitará atrasos e maiores custos para os operadores”, o que suporá un “salto cualitativo” na intermodalidad da terminal olívica, ampliando o hinterland do Porto vigués.
“Ofreceremos un servizo máis barato e máis áxil aos operadores que, ademais, poderán acceder a bonificacións do 50% á mercadoría que chegue por tren ao Porto de Vigo”, subliñou.
Neste sentido, a Autoridade Portuaria de Vigo seguirá mantendo reunións de forma periódica con ADIF, Aduanas e operadores “para que coñezan os beneficios desta nova medida” que lles proporcionará un servizo “máis áxil, directo e económico”.
Concesións
Por outra banda, o Presidente portuario informou o Consello de Administración da reunión mantida o pasado 6 de xuño coa Ministra de Fomento, Ana Pastor, na que se avanzou aos máximos responsables dos portos de interese xeral de España da intención do Goberno central de aumentar o prazo máximo das concesións, que pasarán dos 35 aos 50 anos.
Para López-Chaves, esta medida supón un salto “moi importante” para as empresas, que poderán continuar coa súa actividade e dispor dun “maior fluxo de caixa”. Esta medida, demandada polos concesionarios, será aplicable tanto ás concesións máis antigas como ás novas altas e favorecerá, entre outros, aos estaleiros da cidade, situados en zona de dominio público portuario. Un sector que nos últimos meses viviu unha importante “reactivación” tras a incorporación de PEMEX ao accionariado de Barreiras en novembro de 2013 e que, no caso do Porto de Vigo fíxose visible con cinco novas altas no censo ao longo deste mes en materia de reparación de buques.
Tráficos
Por último, o Presidente portuario informou o Consello de Administración dunha caída do 4,5% no tráfico de mercadorías durante o primeiro semestre do maño, consecuencia da baixada do tráfico de vehículos novos e das pezas auto. No entanto, constatou a subida doutras mercadorías “moi valiosas” para a terminal olívica, como é o caso de metais como o aluminio, o granito elaborado, cuxo valor é sete veces superior ao do granito en bruto, e do número de buques.
Así mesmo, o Consello de Administración valorou positivamente as obras de “Mellora da Operatividade dos Peiraos Comerciais” que, segundo asegurou o máximo responsable portuario, están “practicamente terminadas”, unicamente pendentes de “últimos retoques”. Segundo lembrou, esta obra de ampliación suporá máis de 50.000 m2 de superficie de almacenamento para mercadorías de grandes dimensións, como é o caso das torres offshore, o granito e mesmo o aluminio, ademais de até 16,5 metros de calado. “É unha gran noticia non só para o Porto, senón tamén para a cidade”, concluíu.











