O pleno de Vigo suspéndese polas protestas veciñais

Protestas durante o pleno de Vigo
As protestas dun grupo de veciños, entre eles membros da asociación veciñal de Teis e da Federación Veciñal, obrigaron a suspender a sesión plenaria en Vigo que, este luns, está sendo presidida por Carmela Silva, en ausencia do alcalde, Abel Caballero (que está en Madrid).
Un grupo duns 40 veciños comezou a protestar cando Silva interveu para defender unha amortización anticipada de crédito, con berros de “¡Mentireira!”, e con asubíos, mentres denunciaban que “hai un millón menos” para axudar ás familias”. Del mesmo modo, acusaron o concelleiro do PP, Miguel Fidalgo, de ser un “palmeiro” do Goberno municipal.
Carmela Silva ordenou a suspensión do pleno ante a imposibilidade de continuar polo ruído causado polas protestas, e criticou que o alboroto fose provocado por “algúns cargos do BNG”. “Estamos acostumados a que nos rebenten o pleno algúns representantes do BNG”, sinalou.











