publicidade hoxe

O pintor cañicense Diego de Giráldez abre ao público a súa Casa Museo ata o 31 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaCalendario
A-
A+

O prestixioso pintor Diego de Giráldez abre por oitavo ano consecutivo o seu estudo casa museo na Cañiza no que expón e exhibe unha colección monográfica que supera as 250 obras.

O museo, que permanece aberto durante todo o mes de xullo até o 31 de agosto, poderá visitarse todos os domingos en horario de seis da tarde a nove da noite. Esta edificación, de máis de 1.000 m2 e cinco plantas de altura, está situada en pleno centro urbano e preside a Praza Maior da Vila, aínda que terá a súa entrada pola rúa Botica. Para os cañicenses é coñecida como o antigo cuartel da Garda Civil da Cañiza, xa que durante moitos anos e até fai tan só dúas décadas albergaba as oficinas e vivendas da benemérita na localidade.

Ao longo de 1.500 metros lineais de exposición, os visitantes poderán contemplar, coñecer e admirar a prolífica obra deste pintor de renome, creador do realismo NAS, acepción coa que se coñece a súa pintura e que por méritos propios e polas súas excepcionais calidades alcanzou hai xa anos un posto significativo dentro da pintura contemporánea española.

Diego de Giráldez está considerado polos expertos como un inimitable retratista da natureza, capaz de ofrecer a realidade do cotián con total sinxeleza, escapando da profusión e o adorno, recorrendo aos mínimos elementos plásticos e achegando ás súas obras unha clara visión do mundo natural. As súas obras sempre impregnan no observador un deixe de desconcerto e provocación. A súa pintura nunca pasa desapercibida porque está salpicada de innumerables e en ocasións mínimos detalles e esencias que o ollo humano vese obrigado a descifrar e comprender.

Por iso os críticos e expertos que estudaron a fondo a súa obra, unha obra que comezou xa no ano 1.975, acertan ao dicir que as creacións de Diego de Giráldez non pasan desapercibidas: impactan, sorprenden e enganchan.

24 de xuño de 2014 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.