publicidade hoxe

O novo edificio da confraría do Grove estará operativo para o sector en 15 días

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO GrovePontevedra
A-
A+

 O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitou hoxe as obras de rehabilitación e reforma integral do edificio da Confraría San Martiño do Grove que a institución provincial está a piques de rematar cunha inversión de 260.000 euros.

Louzán anunciou que nun prazo de quince días o edificio sería entregado á confraría para súa operatividade. As obras, que gozan do beneplácito xeral, consistiron nunha conservación, rehabilitación e mellora do casco externo do emblemático edificio e dunha total transformación do seu interior.

As oficinas, que antes estaban no primeiro andar, pasaron á planta baixa mellorando sustancialmente a súa accesibilidade e tamaño. Creouse tamén un grande espazo multifuncional para acoller cursos de formación e outras actividades e renovouse por completo o sistema eléctrico, as vendas, o equipamento do edificio e o sistema de refrixeración, sacando as habituais humidades do local.

Na súa intervención, tanto Louzán como o alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez, e os representantes do pósito, mostraron a súa satisfación polos traballos levados a cabo e felicitaron tanto á empresa adxudicataria, a firma grovense Alvarez Pol, como ao arquitecto encargado da remodelación do edificio.

Louzán destacou que a confraría do Grove non só da servizo a traballadores do mar do Grove senón doutros puntos como Castrelo, Villalonga, etc.

30 de xuño de 2014 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.