publicidade hoxe

O mercado do alimento labrego de Teo celebra o seu segundo aniversario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Mercado do alimento labrego de Teo, que se celebra todos os sábados pola mañá na praza circular dos Tilos, cumpre dous anos. E para celebralo as labregas e labregos que lle dan vida cada semana queren facer unha pequena festa.

Para eso van contar con postos de artesanía, alimentos doutras comarcas convidados especialmente para esta xornada, música tradicional e degustación na cantina de produtos de tempada. Poderase tomar paté vexetal, tortilla, richada de carne, revolto de nabizas, chourizos, pementos, rosquillas, bica, amorodos con iogur… E todo a prezos simbólicos.

O mercado do alimento labrego nace hai dous anos como un espazo no que se poden atopar produtos locais e de tempada evitando intermediarios e distribuidores xa que son os propios produtores os que están nos Tilos. Trátase dunha oferta na que a distancia entre o lugar de producción do alimento e o de venda é mínimo polo que o produto chega nas mellores condicións. Neste mercado pódense atopar froitas, verduras, licores, confituras caseiras, queixo, leite, iogur…

Funciona todos os sábados pola mañá dende as 10:00 horas ata o mediodía e dende hai meses instalan tamén unha cantina os primeiros sábados de mes.

5 de xuño de 2014 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.