O ISSGA defende a necesidade de simplificar a normativa en materia de prevención en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), dependente da Consellería de Traballo e Benestar, organizou hoxe en Ourense unha xornada sobre as novidades normativas nas directrices básicas en prevención na empresa. Na mesma plantexouse o debate sobre a necesidade de racionalizar a prevención, simplificándoa, pero mantendo a suficiente documentación de cara á xustificación da mesma.

A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Toroja, clausurou hoxe esta actividade na que interveu un dos redactores do documento ‘Directrices básicas para o desenvolvemento da prevención dos riscos laborais na empresa’, elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT), Pablo Orofino Vega.

Este documento trata de fixar un compendio de orientacións para a xestión da prevención na empresa e a súa racionalización, contendo referencias ás tres guías técnicas transversais do INSHT: Integración da prevención, Criterios de calidade do servizo para a mellora da eficacia e calidade das actuacións dos Servizos de Prevención Alleos e Simplificación documental.

Tamén inclúe referencias e ligazóns á sección de normativa da páxina web do INSHT, de maneira que o acceso a parte lexislativa de aplicación en cada caso sexa mais sinxelo. No desenvolvemento deste primeiro relatorio subliñaranse tamén as novidades normativas mais recentes en materia de prevención de riscos laborais, tales como as que se refiren a simplificación en canto a documentación e obrigas para as empresas mais pequenas.

Esta actividade, que se repetirá mañá en Lugo, está encadrada no Plan anual de actividades do ISSGA. Neste sentido, Quinzá-Torroja indicou que a aparición de novos documentos do INSHT que complementan guías técnicas e axudan a entender as tendencias derivadas das ultimas novidades normativas fai precisa una actualización permanente de coñecementos no eido da prevención para adecualos ao progreso tecnolóxico, científico e lexislativo.

25 de xuño de 2014 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.