O I Encontro de Xóvenes Empresarios de Ourense xa conta con preto de 70 participantes
Entre membros do Círculo de Novos Empresarios, emprendedores e representantes de organismos como o Igape, a Universidade ou a CEO, o I Encontro de Xóvenes Empresarios de Ourense suma xa case 70 inscritos.
Compartirán este venres ao mediodía unha sesión na que as iniciativas, as sinerxías e a motivación serán protagonistas. O pazo Casal de Armán será o escenario, ás 14:30, para acoller esta reunión que pretende visibilizar a un colectivo que busca potenciar e dinamizar a actividade económica da provincia a través da creación de empresas e proxectos viables en multitude de sectores.
Outra finalidade desta reunión é xerar nexos de traballo conxunto e dar a coñecer ás institucións as actividades e iniciativas que hai en marcha na provincia.
Antes do encontro, o Grupo Reboreda Morgadío convida os membros do Círculo de Xóvenes Empresarios a participar nunha cata de viños nas instalacións das adegas, a partir das 13 horas.
Para asistir non é necesario ser membro desta asociación, de feito, o novo empresario que estea interesado en facelo, aínda pode inscribirse a véspera do evento, o xoves 12 de xuño, na dirección info@cjeourense.com











