publicidade hoxe

O golf sénior promociónase en Galicia co VII Circuíto Camiño de Santiago e o V Open Rías Baixas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPonteareas
A-
A+
Presentación dos torneos de golf

Presentación dos torneos de golf

Fixar Galicia como un dos destinos preferentes para a práctica do golf entre as categorías sénior é o obxectivo das accións de promoción que Turismo de Galicia leva a cabo esta semana no VII Circuíto Camiño de Santiago e no V Open Rías Baixas.

O Circuíto Camiño de Santiago é un torneo que conta con seis probas clasificatorias e e que o vindeiro día 21 de xuño chega ao campo de Montealegre, preto da cidade de Ourense.

Neste caso, Turismo de Galicia patrocinará un premio especial para a parella sénior mellor clasificada que consiste no convite a participar na final de invitacións que se celebrará no campo de golf Balneario de Mondariz, en Ponteareas, o día 27 de setembro.

Rías Baixas

Ademais, e co mesmo obxectivo, incentivar a práctica do golf sénior na Comunidade galega, Turismo de Galicia patrocinará a participación das mellores parellas sénior na final de invitacións que se celebrará o día 21 de xuño, tamén no campo de golf Balneario de Mondariz.

O Open Rías Baixas conta con catro torneos que se celebran os días 18, 19, 20 e 21 de xuño.

Por outra parte, o pasado mes de maio Galicia acolleu a V edición do Torneo de golf Peregrinación, un evento deportivo patrocinado por Turismo de Galicia para promover a práctica deste deporte na Comunidade galega.

Este torneo estivo enfocado ao público sénior e participaron 210 golfistas da Asociación Española de Séniors de Golf, AESGOLF, procedentes de España e Portugal, que ademais de competir neste evento puideron gozar da oferta turística galega.

19 de xuño de 2014 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.