O goberno vigués adica 2 millóns de euros para conceder 5.000 axudas de comedor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

O Concello de Vigo rubrica un convenio cos directores dos centros educativos da cidade para poder xestionar as bolsas de comedor escolar e subvencionar aos nenos de 84 colexios. Abel Caballero recordou que a achega total ao efecto aproxímase aos dous millóns de euros, beneficiando a 5.000 escolares.

O alcalde mantivo este xoves unha reunión con directores de colexios para asinar un convenio de colaboración para a xestión das axudas de comedor, un acordo marco que posibilita ao goberno local subvencionar aos escolares de 84 centros.

En total, segundo sinalou Caballero este xoves, o goberno de Vigo destina este curso que conclúe case dous millóns de euros para achegas de libros e comedor escolar, cubrindo tanto o último recorte autonómico do pasado ano de 1780.000 euros como o total da lista de agarda de alumnos, por primeira vez no Concello.

26 de xuño de 2014 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.