O goberno municipal de Ferrol aproba a licitación da renovación da rede de abastecemento en Canido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Goberno Municipal de Ferrol, que preside Jose Manuel Rey Varela, segue avanzando en dous proxectos urbanísticos moi demandados pola cidadanía e que afectan aos barrios de Santa Icía e Canido. Así, a Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación das obras de aglomerado na estrada O Pico-Leixa-O Seixo; e a licitación correspondente á contratación das obras de renovación da arteria de abastecemento de auga na rúa Alegre.

No que atinxe aos traballos en Santa Icía, a empresa Construmax de Contratas S.L. se encargará da execución dun proxecto que permitirá mellorar o aglomerado da estrada de O Pico-Leixa-O Seixo. Esta actuación atópase incluída no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña e ten un importe total de 74.056,15 euros (21% de IVE incluído). A empresa adxudicataria deberá acometer a mellora integral do firme desta estrada nun prazo dun mes, aproximadamente.

Así mesmo, o Executivo local tamén deu luz verde hoxe a licitación das obras de renovación da arteria de abastecemento de auga na rúa Alegre, situada no barrio de Canido. Dita intervención terá un prazo de execución de dous meses e medio e un importe total de 241.995,99 euros. Tal e como se recolle na proposta de adxudicación, as obras desta rede de saneamento se levarán a cabo de xeito simultáneo e programado coa realización do proxecto de reurbanización da rúa Alegre, que o Goberno Municipal acometerá con fondos europeo do Plan Urban Ferrol.

16 de xuño de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.