O Fútbol Club Cruceiro do Hío organiza en Cangas o torneo de benxamíns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O Club F. C. Cruceiro do Hío organiza este sábado día 7 de xuño o seu tradicional Torneo de Fútbol de Benxamíns. Nesta cita co deporte, que se celebrará no campo de fútbol “Javier Guimeráns” participarán un total de 192 nenos procedentes de 12 equipos de varios puntos de Galicia.

Os equipos participantes son o Antas Lugo, o C. F. Cruceiro A e B, o ACD Lavadores de Vigo, o Vila de Marín, o Colexio Hogar de Vigo, a Escola EFB de Bueu, o C. D. Beluso, o Colexio Os Sauces Vigo, a Escola de Fútbol Rodeiriña de Cangas e o Fugueirido A e B.

Os partidos terán lugar pola mañá en horario de 10:00 a 14:00 horas e pola tarde entre as 16:00 e as 20:00 horas.

Dende a organización queren destacar que “ trátase dun torneo de fútbol xa consolidado no que cada ano participan unha gran cantidade de rapaces e equipos”.

5 de xuño de 2014 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.