O filial e o xuvenil do Santiago Futsal xóganse a copa este fin de semana
Este fin de semana dispútase en Pontevedra a Fase Final da Copa de Terceira División e a Final da Copa Xuvenil Nacional, onde se atopan senllos equipos do Santiago Futsal para tratar de levantar a última Copa da tempada.
O filial xogará as semifinais o sábado ás 17,30h ante o Burela B, por un posto na final que se disputará o domingo ás 12h ante o vencedor da segunda semifinal do sábado entre Leis Pontevedra e 5 Coruña. Pola súa banda, o Xuvenil Nacional disputará o domingo ás 10h e no mesmo escenario, a gran final de Copa ante o Azkar Lugo, dous apaixonantes partidos que reunirán ao futuro do fútbol sala galego.
Tamén este fin de semana dispútanse as semifinais de Copa Local, que disputan os equipos Infantil B, Benjamín A e Santiago Futsal A Gaiola A.
Ademais, os equipos prebenjamínes, alevíns, infantil B e cadete B do Santiago Futsal participarán este fin de semana no I Torneo Futsal de Base do Pino, mentres que o sábado pola tarde, os equipos Infantil A, Benjamín B, prebenjamines e alevíns disputarán un amigable contra Guitiriz no pavillón de Roxos.
Copa 3ª División
Semifinal
Santiago Futsal B vs Burela FS B
Sábado 7 de Xuño ás 17,30h no Municipal de Pontevedra
Final
Santiago Futsal B* vs vencedor 2ª semifinal
Domingo 8 de Xuño ás 12h no Municipal de Pontevedra
* En caso de vitoria en semifinais
Copa Xuvenil Nacional
Final
Santiago Futsal Xuvenil Nacional vs Azkar Lugo
Domingo 8 de Xuño ás 10h no Municipal de Pontevedra
Copa Infantil Local
Semifinal
Santiago Futsal IES Fontiñas Infantil B vs AD Burgo das Nacións
Sábado 7 de Xuño ás 10h en Roxos
Copa Benjamín Local
Semifinal
Santiago Futsal IES Fontiñas Benjamín A vs SD Milladoiro A
Sábado 7 de Xuño ás 10h en Monte dos Postes
Copa Feminina Local
Semifinal
Santiago Futsal A Gaiola A vs Estrada FSF
Domingo 8 de Xuño ás 11h en Roxos
Torneo Futsal Base O Pino
PREBENJAMÍN (Sábado 7 de Xuño)
10h – Santiago Futsal Prebenjamín 1º vs Concello de Curtis
12h – Santiago Futsal Prebenjamín 1º vs Oroso Futsal B
14h – Santiago Futsal Prebenjamín 1º vs Vitoria
10h – Santiago Futsal Prebenjamín 2º vs Oroso Futsal A
12h – Santiago Futsal Prebenjamín 2º vs Burgo das Nacións
13h – Santiago Futsal Prebenjamín 2º vs Concello O Pino
16h – Semifinal
18h – Final
ALEVÍN (Sábado 7 de Xuño)
10,30h – Santiago Futsal Alevín A/B vs SD O Pino A
11,30h – Santiago Futsal Alevín A/B vs Concello O Pino
14,30h – Santiago Futsal Alevín A/B vs Viquingos
17h- Semifinal
19h – Final
INFANTIL (Domingo 8 de Xuño)
9h – Santiago Futsal Infantil B vs Burgo dás Nacións
11h – Santiago Futsal Infantil B vs Viquingos
12h – Santiago Futsal Infantil B vs Xuventude de Oroso
13h – Santiago Futsal Infantil B vs Concello O Pino
16h – Semifinal
18h – Final
CADETE (Domingo 8 de Xuño)
9,30h – Santiago Futsal Cadete B vs Praíña
11,30h – Santiago Futsal Cadete B vs Xuventude Oroso B
12,30h – Santiago Futsal Cadete B vs Xuventude Oroso A
13,30h – Santiago Futsal Cadete B vs Concello O Pino
17h – Semifinal
19h – Final
Amigables (Sábado 7 de Xuño en Roxos)
17h – Santiago Futsal Infantil A vs Concello de Guitiriz
17,50h – Santiago Futsal Benjamín B vs Concello de Guitiriz
18,40h – Santiago Futsal Benjamín A vs Concello de Guitiriz
19,30h – Santiago Futsal Prebenjamín 1º vs Concello de Guitiriz
20,20h – Santiago Futsal Prebenjamín 2º vs Concello de Guitiriz











