O exedil Adrián Varela nega que solicitara o despedimento da muller dun sindicalista do Concello de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O exconcelleiro de Deportes do Concello de Santiago Adrián Varela negou agora que solicitase o despedimento da muller dun delegado sindical no Concello de Santiago, malia que tras transcender estas revelacións do sumario da Operación Pokémon, o entón edil atribuírao a unha “reacción en quente”.

Aínda que o 14 de marzo pasado Adrián Varela recoñeceu a existencia dunha conversación na que suxeriu despedir a muller dun sindicalista da CIG e admitiu que “quizais é reprochable”, este venres á súa saída dos xulgados compostelanos negou os feitos ante as preguntas dos medios de comunicación, aos que instou a ler o sumario da Pokémon. “Como os vou recoñecer se non aconteceron”, aseverou tras prestar declaración a raíz da querela presentada contra el polo sindicato nacionalista.

No sumario da Operación Pokémon, que investiga unha suposta trama de pagamentos de empresas a políticos para obter concesións de servizos públicos e renovalas ao longo dos anos, figura unha conversación entre directivos de Vendex na que se suxire que Varela solicitara o despedimento dunha traballadora de Sermasa que está casada cun sindicalista da CIG que resultaba incómodo.

Precisamente, unha vintena de membros deste sindicato desenvolveron este venres á saída dos xulgados compostelanos unha concentración de protesta que arroupou a Adrián Varela con berros de “non é calentón, é persecución” e “pijos ao poder”, en referencia ao sobrenome de ‘Pijolandia’, co cal é coñecido o exedil no sumario da Pokémon.

13 de xuño de 2014 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.