O equipo de Santa Comba faise co XVII Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala celebrado en Teo
O Concello de Teo acolleu este fin de semana o XVII Torneo intermunicipal de fútbol sala pero nesta ocasión non se fixo co triunfo. A competición enfronta aos gañadores das ligas locais de fútbol sala de Ordes, Arzúa, Frades, Outes, Santa Comba, Vedra, Touro, Negreira e Teo. Nesta edición gañou o equipo de Santa Comba que se enfrontrou ao combinado de Arzúa e fronte ao que se impuxo por 7 goles a 0. O terceiro e cuarto clasificado foron os grupos de Ordes e Negreira.
A competición intermunicipal realizouse o sábado e domingo nos pavillóns de Calo e Os Tilos. O Santa Comba foi ademais o equipo menos goleado e nas súas fillas estivo o máximo goleador, o xogador José R. Río Pazos. O equipo que representaba ao Concello de Teo foi A Cuadrilla de Oza, gañador do grupo A da liga de fútbol sala. O concelleiro de deportes de Teo, Anxo Rei, estivo na mañá do domingo presenciando os partidos e na entrega de premios.
Por outra banda na copa da liga de fútbol sala teense que se disputou nos últimos días gañou o Electricidad Gonzalec e quedou como segundo clasificado o Vaamonde FS.











