O equipo de debate do IES Chamoso Lamas proclámase campión da fase comarcal
O edil de Cultura, en representación da súa compañeira de goberno e responsable da concellaría de Educación, entregou o premio en metálico aos alumnos do IES Chamoso Lamas que formaron o grupo de debate que participaron na actividade promovida desde varios departamentos municipais de normalización lingüística de concellos de toda Galicia, e que quedaron en primeiro lugar na fase comarcal. O premio consistiu en 500 euros para repartir entre os 10 integrantes do equipo.
Os alumnos agradeceron o premio, e a actividade promovida desde o concello carballiñés, que lles permitiu ter novas experiencias no campo da expresión oral, a comunicación e, o que é máis importante, o uso do Galego.
A entrega deste premio tivo lugar durante a festa de fin de curso organizada polo propio centro educativo carballiñés.











