publicidade hoxe

O DOG publica a aprobación definitiva do PXOM de Baiona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona.

Entre os puntos máis destacados do PXOM cabe destacar que un 80% da superficie do concello (27,7 Km2) está recoñecida como solo rústico protexido e máis dun 20% desa superficie é solo rústico de protección de espazos naturais, como é o caso dos tres espazos da Rede Natura 2000 Ramallosa, Costa de Oia e a Serra da Groba, así como os humidais da Cova da Poza, o Encoro do Baíña e A Ramallosa. Os 8 km2 restantes corresponden co solo rústico de protección de augas, para preservar os leitos fluviais do Baíña, groba, Portelos e Outeiro.

Trátase dun plan xeral que pon orde no solo urbano (5,8% da superficie), outorgando a seguridade necesaria fronte á presión urbanística. O PXOM dispón de 2 núcleos urbanos, un na parroquia de Baiona e outro na zona de Rocamar (parroquia de Baredo).

En relación cos novos desenvolvementos, define nove solos urbanizables de uso co obxectivo de completar a trama urbana existente e contempla tamén un solo urbanizable de uso industrial de algo máis de 100.000 m2, que permitirá o desenvolvemento do polígono da Igrexa, na parroquia de Baíña.

Por outro lado, a capacidade residencial total que estima é de 11.721 vivendas no concello, das que unhas 3.700 serían novas, na súa meirande parte en solo de núcleo rural. Por último, con respecto ás dotacións, prevé preto de 340.000 m2 para espazos libres e zonas verdes, un 6% máis do esixido por lei, e máis de 106.000 m2 para equipamento comunitario, o que supón nove veces máis do legalmente establecido.

17 de xuño de 2014 | 11:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.