O Directo Xove de Cangas chega ao seu fin este sábado
O concelleiro de Educación, Cultura, Patrimonio, Xuventude e Voluntariado José Luis Gestido presentou esta tarde na Casa da Xuventude o Festival Directo Xove 2014 que este sábado pora o punto e final a oito semanas de concertos coas actuacións das bandas Tales of Monkeya, Glitter e Black Trails que estarán acompañadas polo grupo invitado Aphonnic.
O festival comezará a partir nas 22,30 no recinto das naves de Ojea e a entrada será gratuíta. Os asistentes poderán disfrtuar da actuación dos tres grupos que tiveron maior afluenca de público nos concertos celebrados os venres de abril, maio e xuño nos pubs Templo, Moons e no Salasón.
Coma ven sende habitual en tódalas edicións do Directo Xove, todas as bandas participantes neste certame musical gravaron un Cd cos seus temas que estará a disposición do público a principios do mes de xullo. Como novidade este ano, no que se celebra o décimo aniversario do evento, o disco incluirá pistas de video coas actuacións dos grupos en directo, que tamén estarán dispoñibles na rede.
José Luis Gestido quixo felicitar a todos os grupos participantes polo seu traballo e destacou o grao de asistencia que houbo en tódolos concertos así como sinalar a importancia deste certame que permite aoa artistas que están comezando darse a coñecer no municipio e abrirse portas cara outros lugares. Tamén aproveitou para invitar a todos os veciños e veciñas de Cangas a que o sábado acudan a desfrutar deste espectáculo músical no que poderán escoitar música en directo.











