O concurso de teloneiros do Noroeste Pop Rock xa conta cos seus 16 finalistas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Cultura, que dirixe Ana Fernández, informa de que o proceso de selección dos grupos que abrirán os concertos do Noroeste Pop Rock pasou á súa segunda fase coa elección das 16 bandas, dun total de 48, que participarán na final.

Así, tras esta preselección, as bandas elixidas realizarán unha actuación en directo na Sala Túnel do Coliseum os días 6, 13, 27 e 28 de xuño, onde se elixirán ao catro grupos que actuarán en directo no Noroeste Pop Rock que se celebrará na praia de Riazor os días 8 e 9 de agosto.

En concreto, tras reunirse onte o xurado do concurso, concluíuse que os finalistas serán os seguintes:

Venres 6 de xuño (finalistas para actuar como teloneiros o día 8 de agosto)

-La Senda de Afra (A Coruña).

-La Danza (A Coruña).

-Say My Name (A Coruña).

-Snail (A Coruña).

Venres 13 de xuño (finalistas para actuar como teloneiros o día 8 de agosto)

-Fogbound Grupo (A Coruña).

-Best Life (under yourseat) (Ourense).

-Maple Apple (A Coruña).

-Misterioso Viaje a Holanda (A Coruña).

Venres 27 de xuño (finalistas para actuar como teloneiros o día 9 de agosto)

-Ánima (A Coruña).

-Five String Band (Ferrol).

-Los Santos (Sada).

-Acidproyect (Ourense).

Sábado 28 de xuño (finalistas para actuar como teloneiros o día 9 de agosto)

-Bourbon Queen (A Coruña).

-Moon Crista (Vigo).

-En casa del Herrero (A Coruña).

-Alba Rusa (A Coruña).

A orde das actuacións en cada unha das datas establecerase mediante sorteo que se realizará antes das probas de son. Cada grupo actuará durante trinta minutos; cunha duración total prevista de cada concerto de dúas horas e tres cuartos. Ademais, os concertos contarán cun presentador que, ademais de amenizar os intervalos entre grupo e grupo, encargarase de facer público o nome dos finalistas cada xornada.

Os concertos arrincarán ás 20.30 horas e a entrada será gratuíta. As invitacións poderanse retirar no despacho de billetes da Praza de Ourense a partir de mañá, 5 de xuño. Ademais do xurado, o público terá a posibilidade, do mesmo xeito que a na edición anterior, de emitir o seu voto en urna e así pasar a ser un membro máis do xurado

4 de xuño de 2014 | 20:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.