O Concello de Vilagarcía valora en 20.000 euros a súa colaboración para a Festa das Revenidas deste ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A colaboración que o Concello de Vilagarcía poderá prestar á organización a Repichoca para a organización da Festa das Revenidas deste ano ascende a 20.000 euros. Esta suma tradúcese nos 6.500 euros en metálico correspondentes a subvención nominativa concedida pola administración local, máis aos custes que tamén asume Ravella para aluguer dos equipos de luz e son, máis a man de obra para a montaxe e desmontaxe dos escenarios, mesas e bancadas para a sardiñada.

A concelleira de Cultura, Rocío Llovo, contactou onte pola tarde cos responsables da Repichoca para informalos da oferta de colaboración por parte do Concello e informalos de que, ademais, o goberno local xa fixo xestións ante a Deputación para tratar de axilizar ao máximo a concesión da subvención solicitada para As Revenidas e que podería ascender a 6.000 euros. Como xa se lles indicara na reunión mantida entre ámbalas dúas partes a semana pasada, o goberno local tamén se comprometeu a facer xestións ante a Agadic se A Repichoca solicita a este organismo financiamento para o festival musical.

Seguindo lle comunicaron á edil os membros da Repichoca, a directiva do colectivo reunirase esta semana para abordar estas ofertas e decidir sobre a celebración do evento.

10 de xuño de 2014 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.