O Concello de Vilagarcía remata a reposición do alumeado, público danado polos temporais en Valle Inclán e Aralde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello rematou esta semana os arranxos provocados por efectos dos temporais no alumeado público da avenida Valle-Inclán e en Aralde. A actuación supuxo un gasto de 10.000 euros para cuxo financiamento o Concello solicitou unha axuda á liña estatal habilitada para paliar os estragos das treboadas.

A actuación realizada ao longo da Avenida Valle Inclán consistiu na substitución de 6 báculos e 18 luminarias, mentres que en Aralde se repuxeron 3 postes e outros tantos puntos de luz. Os traballos foron realizados por Instalacións Eléctricas Imelfa e Hijos.

O Servizo Municipal de Alumeado ten previsto realizar outras melloras na iluminación de vías e zonas públicas para o cal xa se solicitaron as subvencións correspondentes. Ao Inega pedíuselle unha axuda para a substitución das luminarias actuais por outras tipo leed en toda a Avenida Rosalía de Castro e parte de Doutor Tourón. A axuda enmárcase nas actuacións de eficiencia e aforro enerxético xa que as lámpadas leed consumen moito menos que as convencionais. Tamén neste mesmo marco de actuacións, está previsto acometer en breve a mellora da iluminación dos parques da Coca e Enrique Valdés Bermejo, así como dotar de máis luz ao paseo central dos xardíns de Ravella. A última actuación programa polo Servizo Municipal de Alumeado é a mellora de alumeado público na praia do Campanario, en Bamio, mediante a colocación de novos farois ao longo do paseo.

14 de xuño de 2014 | 15:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.