O Concello de Vilagarcía inicia os asfaltados en Veiga de Lamas e A Rosaleda
A Concellería de Obras, Vías Públicas e Urbanismo continúa co plan de mellora da rede viaria municipal, neste caso, coa programación do asfaltado nunha rúa de Carril e outra de Sobradelo. Os traballos que comezarán mañá empezarán pola rúa de Veiga de Lamas e seguirán por A Rosaleda.
A concelleira, Ana Granja, explicou que mañá comezará a chegar a maquinaria a Rúa Veiga de Lamas e realizaranse os traballos previos para poder cometer a actuación. O luns está previsto que comecen os traballos de aglomerado para deixar o firme en perfecto estado.
Unha vez rematado o asfaltado en Veiga de Lamas, a maquinaria trasladarse á zona da Rosaleda, en Sobradelo para acondicionar o rueiro desta zona.











