O Concello de Vilagarcía informa das axudas estatais para a substitución de taxis
O Concello informa ao sector do taxi da liña de axudas que acaba de convocar o Estado para a renovación da flota de turismos dedicados ao transporte de pasaxeiros. O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo subvenciona a adquisición de vehículos novos dun máximo de 8 prazas máis a do condutor co obxecto de mellorar a seguridade viaria deste tipo de transporte público de pasaxeiros, así como de contribuír á redución do consumo enerxético co uso de vehículos máis eficientes e menos contaminantes.
No que ao sector dos taxis se refire, as subvencións destinaranse á adquisición de vehículos novos da categoría M1: vehículos de motor con polo menos catro rodas deseñados e fabricados para o transporte de pasaxeiros, que teñan ademais do asento do condutor, oito prazas como máximo.
Para optar ás axudas, os vehículos deben cumprir ademais outros requisitos relativos a súa eficiencia enerxética e respecto ao medio ambiente. Subvencionaranse vehículos ca categoría M1 convencionais, híbridos, híbridos enchufables e eléctricos de autonomía estendida. Tamén os vehículos eléctricos puros e os propulsados con motores de combustión interna que podan utilizar combustibles fósiles alternativos (autogás,- GLP- e gas natural).
As subvencións tramitaranse directamente dende o concesionario onde se adquira o vehículo e coa condición de dar de baixa o taxi vello. A convocatoria das axudas publicouse no BOE de hoxe, 26 de xullo, e a liña de subvencións estará habilitada por prazo de un ano ou ata que se esgote o presuposto dispoñible.











