O Concello de Vigo organiza a pasarela Escapararte 2014 en apoio aos novos creadores e ao comercio local
Escapararte 2014 encherá de estilo e moda a Porta do Sol o próximo xoves nun “novidoso” desfile ao aire libre no que novos creadores compartirán pasarela con consagradas firmas como Patricia Avendaño e Selmark. O Concello organiza este evento coa colaboración da Federación de Comercio Vigo Histórico, a Escola de Deseño Goymar, o Instituto Audiovisual de Vigo e o IES de Teis.
O concelleiro de Comercio, Angel Rivas, presentou esta mañá de martes, Escapararte 2014, unha “novidosa” iniciativa municipal que “xurde do diálogo, do esforzo e da creatividade” co fin de poñer en valor a dinamización do comercio e potenciar aos xóvenes emprendedores na moda, no mundo audiovisual e na estética. O xoves 26 de xuño, ás 21,30 horas, a Porta do Sol se convertirá nunha pasarela ao aire libre na que se misturarán deseños de novos creadores e outras firmas consagradas como Patricia Avendaño ou Selmark.
Rivas enfatizou a “deciddida aposta” do goberno local por impulsar o comercio vigués e alcanzar retos que marquen a Vigo como cidade á vangarda, con mozos formados e emprendedores e que se lle dea un pulo ao comercio co valor engadido de ser fabricado en Vigo. O responsable fixo un chamamento a “todos os vigueses e viguesas” a participar nesta “Pasarela de Sol”.











