O Concello de Pontevedra axuda aos naseiros de Ponte Sampaio na organización da XIX Festa da Anguía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra colabora, un ano máis, coa Asociación de Naseiros Alvedosa na Festa da anguía. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, asinou hoxe o convenio de colaboración coa asociación cun orzamento que alcanza os 10.000 euros para a organización da Festa da anguía, que se celebrará na primeira fin de semana do mes de xullo, os días 5 e 6.

O alcalde recalcou a importancia desta festa gastronómica para o concello, “un festa cun enorme sentido: un producto pescado na parroquia de Pontesampaio e na ensenada de San Simón que repercute economicamente nas parroquias”.

Na Festa da anguía despacharase 700-750 kg cociñados en diferentes modalidades.

Pola súa parte, Antonio Alvárez Freijanes, presidente da asociación, subliñou o dano que fai ao sector o veto imposto pola Unión Europea que impide pescar durante os meses de novembro, decembro e xaneiro. Un veto non necesario en Galicia xa que a poboación de anguias e angulas goza de moi boa saúde, cousa que non ocurre en países como Holanda e Alemaña. Tamén aproveitaron para denunciar a falta de sentido que ten o veto da anguía e non así a angula, único alevín no que está permitido a súa pesca.

3 de xuño de 2014 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.