O Concello de Ourense mellorará a sinalización viaria nos barrios
O Concello de Ourense acometerá dende esta semana traballos de mellora da sinalización viaria nos barrios da cidade. Consistirán basicamente no repintado de liñas de delimitación de carrís, frechas de dirección, pasos de peóns e paradas de autobús, e desenvolveranse dende pasado mañá, mércores, día 11 de xuño, comezando polo barrio de Barrocás e a urbanización de Pena Redonda. Os traballos continuarán despois na zona de Oira, a Avenida de Buenos Aires e contorna (rúas Nova e Bernardo Cachamuiña), barrio do Couto (rúa Ervedelo e Avenida de Portugal), e barrio da Ponte, rematando coas rúas Pena Trevinca, Saínza e Coruña.
Os traballos serán executados pola empresa API SA, concesionaria do servizo de sinalización viaria do Concello. Desenvolveranse na maior parte dos casos pola noite, para non afectar á circulación de vehículos.











