O Concello de Ourense celebra a Semana do Medio Ambiente cun amplo programa de actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense organiza dende mañá a Semana do Medio Ambiente, cun programa de actividades participativas, divulgativas e de sensibilización que teñen como obxectivo achegar aos cidadáns ao desfrute da Natureza e dos espazos públicos da cidade.

A concelleira de Medio Ambiente, Susana Bayo, presentou o programa de actividades, que se desenvolverán nos diferentes barrios da cidade e no Parque de Montealegre. Con elas, o Concello únese a esta celebración, que este ano ten como lema: “Alza a túa voz, non o nivel do mar”. Mensaxe que incide na problemática de adaptación ao cambio climático que van ter que pasar os habitantes que se atopen a carón do mar pola subida do nivel.

1) Ecoxincana: “A Liga dos xusticieiros medio ambientais”

Esta actividade está pensada para o público máis novo. Os participantes terán que superar diferentes probas en grupo para despois dunha catástrofe medio ambiental tentar recuperar a contorna.

Martes, 3, ás 18:30 horas, no Parque Angelita Paradela

Mércores, 4, ás 18:30 no Parque Barbaña

2) Obradoiro de cestería con materias de reciclaxe

Martes, 3, ás 18.30 horas no Parque Beiramiño (Ponte Vella)

Mércores, 4, ás 18:30 horas no Parque Diego González Blanco (a carón do Divino Maestro, no Vinteún

3) II Xornada de consumo sostible, na Praza Maior. Xoves, 5 de xuño.

De 11:00 a 21:00 horas, coa participación de 11 produtores ecolóxicos da provincia:Leite Ecoleia, Aceiroga (aceite ecolóxico galego), O Sol de inverno (roupa ecolóxica galega), Carne galeguesas, A cestola na cachola, Caurelor, Tato Culto Agroecoloxía, Ecomeben, Cervexa alaricana, Terra de Baronceli.

Tamén estarán Sustinea e a Asociación medio ambiental Amigos da Terra, a Praza de Abastos e o Concello de Ourense, co proxecto Come Ourense.

Dentro desta actividade, ás 18:30 horas desenvolveranse un Obradoiro de balcóns e terrazas comestibles e, na Praza de San Martiño, unha sesión de contacontos, a cargo de Anxo Moure.

4) Actividades en Montealegre:

– Obradoiro de construción de refuxios de insectos (Martes, 3, ás 18:30 horas) Dirixida a todos os públicos, ainda que especialmente recomendada a docentes, consistirá na construción dun hotel para insectos, fabricado con materiais que respectan as esixencias dos ciclos de vida e de produción dos seus hóspedes, ao tempo que se dan a coñecer como é o hábitat natural de moitos insectos.

– Obradoiro de construcións de xardíns micolóxicos (Mércores, 4, ás 18:00 horas), explicando as características dos cogumelos e como cultivalos.

– Visita ao Parque de Montealegre e plantación de árbores típicas de cada unha das cidades que forman o Eixo Atlántico, coas súas correspondentes pracas identificativas, no marco das actividades que acolle a cidade de Ourense como Capital Cultural do Eixo Atlántico 2014

Concursos de fotografía e debuxo no Parque de Montealegre

Tamén no marco desta Semana do Medio Ambiente, o Concello convoca un concurso de fotografía e debuxo no Parque de Montealegre.

O concurso de fotografía está dirixido a persoas adultas, centrase na fotografía de natureza no Parque de Montealegre, mentres que o concurso de debuxo, se dirixe a escolares de ata 12 anos de idade.

O concurso de fotografía e debuxo terá como día de inicio o 5 de xuño, e o último día para entregar os traballo será o 30 de xuño, ata as 14 da tarde. A inscrición é de balde, a través da web www.botanicodemontealegre.com. O veredicto do xurado farase público o día 4 de xullo.

2 de xuño de 2014 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.