O Concello de Oleiros abre prazo para presentar ofertas para a cafetería do centro cívico de Montrove
O Concello de Oleiros abriu o prazo para optar á concesión da cafetería do centro cívico de Montrove. Este equipamento, que leva unha década funcionando con éxito e de forma interrompida, ten unha renda de 450 euros mensuais co IVE incluído. O local está exento de facturas eléctricas e de abastecemento de auga, xa que estes se inclúen nos gastos do centro cívico. As persoas interesadas poden consultar as bases completas a través da plataforma do contratante con acceso desde o portal web municipal.











