O Concello de Nigrán fai balance positivo da noite de San Xoán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

A noite desenvolveuse con total normalidade, sen producirse ningunha incidencia destacable por parte de Protección Civil e Policía Local en ningún punto do termo municipal de Nigrán.

Neste sentido, o Concello agradece o labor do dispositivo de Seguridade, especialmente á Policía Local e aos membros de Protección Civil polo seu traballo realizado onte.

Tamén aos integrantes do dispositivo de limpeza, que grazas ao seu traballo as praias do municipio están en perfectas condicións para o seu uso desde primeira hora da mañá.

En canto á afluencia de xente, estímase nunhas 10.000 persoas.

24 de xuño de 2014 | 14:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.