publicidade hoxe

O Concello de Neda lembra que o martes remata o prazo para anotarse no programa “Conciliamos xogando”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda lembra que o prazo para anotarse no programa “Conciliamos xogando”, un servizo de atención á infancia para permitir que os pais e nais da localidade compatibilicen a súa vida persoal e familiar coa laboral durante as vacacións escolares, remata o próximo martes, 1 de xullo. “Conciliamos xogando” arrancará o 14 de xullo e prolongaráse inicialmente ata o día 31 en horario de 8,45 a 13,45 horas. O escenario principal será o colexio público San Isidro. Trátase dun servizo gratuíto, con custe cero para os usuarios, e está pensado para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Así, aqueles que estean interesados en participar deben dirixirse á Casa da Cultura e anotarse de 10 a 13 horas. Organizado pola Concellería de Igualdade, o programa “Conciliamos xogando” está cofinanciado polo Concello de Neda e a Deputación Provincial da Coruña. Ofrece aos nenos e nenas unha oferta de actividades de ocio didáctico e, entre estas, xogos ao aire libre ou talleres de manualidades. Todas as familias de Neda poderán optar a este servizo e, no caso de que o número de solicitudes supere o de prazas ofertadas (50), faráse unha valoración das mesmas.

27 de xuño de 2014 | 10:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.