publicidade hoxe

O Concello de Neda abre o prazo para as luminarias de San Xoán e San Pedro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda anunciou esta mañá a apertura do prazo para solicitar a pertinente autorización para realizar as tradicionais fogueiras de San Xoán e as luminarias de San Pedro. Así, as persoas ou entidades interesadas en formalizar o trámite tan só deben dirixirse ata as oficinas da Policía Local, ubicadas na pranta baixa da casa consistorial, e cubrir un formulario no que se farán constar o lugar, hora de inicio, dimensións da fogueira… entre outros datos. O mesmo trámite tamén pode realizarse no Rexistro Xeral (primeira pranta da Casa do Concello).

Así mesmo, no formulario se establecen as obrigas que deben cumprir veciños e entidades como manter unha separación mínima de 15 metros entre as fogueiras e os edificios, árbores e demáis obxectos que poidan resultar danados ou contar con algún medio para a extinción do lume en caso necesario. Unha vez recibidas as peticións, os axentes da Policía Local poderán realizar unha vixianza e control máis efectivo sobre as mesmas.

O prazo para solicitar a autorización rematará o 21 de xuño para as luminarias de San Xoán e o 27 de xuño para as de San Pedro.
Así mesmo, o Concello lembra á veciñanza que este ano o día 24 será festivo local, tal e como acordou por unanimidade o pleno da corporación municipal nedense. Unha data que sustitúe ao mércores de Entroido e que o Concello elixiu ao considerar máis idónea para o disfrute da veciñanza pola tradición das luminarias e ao encadrarse na época de verán, con mellor tempo.

5 de xuño de 2014 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.