O Concello de Monforte porá un autobús para a asistir á Xuntanza de Maiores do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de benestar social, dirixida por Pilar López, informa que a Consellería de Traballo e Benestar organiza un ano máis a “XXXVI Xuntanza de Maiores”, que se celebrará no Carballiño o sábado día 14 de xuño.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o mércores día 11 de xuño nas oficinas dos Servizos Sociais, situadas no edificio da Praza de Abastos, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.

A concellería de Benestar Social porá un autobús totalmente gratuíto a disposición das persoas que queiran asistir. Os demais gastos da Xuntanza correrán a cargo das persoas interesadas.

O programa de actos da “Xuntanza de Maiores” é o seguinte:

10:30 Chegada dos participantes ó recinto do Parque Municipal do Carballiño

12:00 Actuación musical

13:30 Chegada de autoridades

13:40 Rolda de intervencións e entrega de agasallos ós centros.

14:00 Xantar campestre

16:00 Tempo de lecer / actuación musical

20:00 Fin da Xuntanza

 

3 de xuño de 2014 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.