publicidade hoxe

O Concello de Miño solicita a mellora do parque infantil de Telle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

O alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín, acaba de solicitar á Xunta de Galicia a reforma e adaptación do parque infantil de Telle. O rexidor miñense realiza esta petición xa que esta actuación é unha demanda dos residentes e doutros moitos veciños que acuden a este espazo; a inversión prevista é de 34.724;08 euros.

De acordo co proxecto redactado e remitido á Xunta, reemplazaranse os xogos infantis deteriorados e colocarase un novo xogo de malla tridimensional, un xogo infantil que forma pasarelas e barras de equilibrio e un circuito de ximnasia formada por aparatos de flexións, lumbares, abdominais, dorsais, escalada, salto lateral, banco sueco e barra fixo., cumprindo todos eles coa normativa europea sobre seguridade en instalacións de áreas de xogo infantil.

11 de xuño de 2014 | 10:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.