O Concello de Miño comeza un novo plan de rebacheo nas pistas municipais
Coa chegada do bo tempo, o concello de Miño ten programado o rebacheo das vías públicas mais deterioradas do municipio. Dende a concellería de Urbanismo, se explica que con esta acción o que se pretende e mellorar na medida das nosas actuais posibilidades a calidade das estradas e camiños. As actuacións as levarán a cabo os traballadores do departamento de obras municipal e se prevé que utilicen unhas 15 toneladas de aglomerado. O inicio dos traballos é inminente. Ademais aproveitarase para reparar outros pequenos desperfectos en diferentes camiños.
Dende a concellería de Urbanismo recordase tamén que, dende hai unhas semanas, estase a traballar ademais no desbroce e limpeza de parcelas e camiños municipais.











